luns, 4 de febreiro de 2013

O poeta Manuel Antonio tocando a gaita


O poeta Manuel Antonio tocando a gaita

(2011, óleo/lenzo, 41x33 cm)


Manoel Antonio, o poeta vangardista dos anos vinte, escribía a un dos seus amigos sobre a intención de aprender a tocala gaita e o violín. Non sabemos máis nada sobre isto aínda que entre os seus papeis -que se conservan na Casa Museo de Rianxo- hai unha factura da compra dun violín. Nos seus poemas dedicou moitos espazos á música, especialmente á figura do gaiteiro, escribindo versos como "Os pinos a carón da estrada beilan en gabanza do automóvel –a súa muiñeira". 



Ningún comentario:

Publicar un comentario