Panorámica de Arousa
De cando en vez, pintar un cadro leva a continuar a pintura cara aos lados nun formato de panorámica. Primeiro pintei o número tres (de esquerda a dereita) logo o dous, o catro e, finalmente o un. Son cadros autónomos e ao mesmo tempo son unha soa imaxe. O escenario é a praia de Compostela e o mar de Arousa.



